lunes, 7 de octubre de 2013

INFORMACIÓN

A información son datos ordeados que constitúen unha mensaxe con significado que nos da a coñecer e explica un tema. É a base do coñecemento, co  cal nos axuda a tomar decisións e responder preguntas. 

Hoxe en día é moi fácil acadar coñecementos sobre calquera tema, mirando en internet (a través dun ordenador ou mesmo do móbil), en libros, xornáis, televisión e radio. Todos estos son medios de comunicación xa que esta está moi ligada coa infromación, porque nos comunica a mesma. É dicir, unha complementa á outra.


A sociedade do século XXI está moi influeciada pola información, pois recibímola continuamente, directa ou indirectamente. Isto ten moitas vantaxes, pero tamén ten inconvintes: non toda a información ten que ser certa por estar en internet ou na televisión, por exemplo. Por iso hai que ter coidado e facer unha boa selección.

Por este motivo son importantes asignaturas como as TIC ou informática, que nos axudan a desenvolvernos correctamente pola rede e nos ensinan a clasificar a información.

Páxinas interesantes:
- Concepto
-Información na actualidad


1 comentario: