miércoles, 27 de noviembre de 2013

WEBS TEMÁTICAS

Á hora de buscar facilítannos moito as páxinas especializadas nun tema, xa que aí podemos atopar a información máis especializada. A continuación veremos algúns exemplos delas:
  • Para ver vídeos podemos buscalos en Vimeo ou en YouTube. Ambas páxinas son moi parecidas, xa que nas dúas pódense publicar vídeos, coa condición de estar rexistrados, e velos sen esa necesidade.
  • Podemos descargar libros electrónicos no Fnac ou en Ebuplibre. Na primeira hay que pagar para poder descargalos, mentres que na segunda pódense descargar libros en formato ebup gratis.
  • Se queremos mercar algo por internet podemos facelo a través de Amazon e se queremos ademáis vender podemos facelo en eBay
  • Cando nos plantexamos facer unha excursión podemos mirar ideas para rutas de senderismo en Wikirutas. Se simplemente queremos saber como chegar a un sitio ou saber onde está podemos informarnos en Google Maps.
  • Se necesitamos descargar un software libre podemos facelo a través de Softonic.
  • Para estar informados sobre as novas tecnoloxías podemos visitar El Android Libre, onde hay todo tipo de información sobre este sistema operativo, as súas aplicacións e os seus dispositivos. Pero se queremos estar ó día de todas as tecnoloxías temos Xataka.
  • A través da rede é posible escoitar música ou incluso descargala, en MUSICA.COM pódese escoitala online e mirar as letras. Pero se queremos tamén descargala ou compartila interésanos MP3XD.
  • Os blog son unha moi boa fonte de información, para buscalos podemos facelo a través do buscador de Blogs de Google, ou de cartaBlogo onde se buscan por categorías.
  • Se queremos conseguir imaxes libres podemos facelo a través de Europeana, só temos que seleccionar a opción de imaxes libre de dereitos de autor. Ou buscando na páxina do Ministerio de Educación, onde podemos usar fotos para actividades sen ánimo de lucro.
  • Pódese atopar un bo diccionario na páxina do Ministerio de Educación ou na Real Academia Española.
  • Pero se queremos buscar tamén nunha enciclopedia podemos facelo na Enciclopedia Libre Universal en Español ou na enciclopedia Espasa.
  • Se queremos traducir unha palabra ou un texto podemos acceder a Reverso.
  • Na páxina do Museo de Arte Contemporánea Gas Natural Fenosa podemos atopar información sobre actividades culturais, exposicións, coleccións, etc. Para realizar as mesmas búsquedas podemos acceder ó Museo do Prado.