jueves, 31 de octubre de 2013

TRUCOS PARA MELLORAR A BÚSQUEDA EN GOOGLE

Para mellorar as búsquedas pola rede hai moitos trucos, uns máis prácticos que outros. Por exemplo, un dos máis coñecidos é a búsqueda avanzada de Google, que nos permite axustar a nosa búsqueda, un moi típico é tamén o do uso de comillas (""), que nos localiza todas as páxinas nas que apareza a frase de dentro das comillas ("Roman Polanski naceu en 1933"). Se buscas co operador music aparecerán termos relacionados só coa música. Outra opción para contrastar semellanzas e diferenzas, por exemplo, é poñer vs entre 

dúas palabras (whatsapp vs line). Co símbolo (~) antes dunha palabra non busca só esa palabra, senón que tamén os termos relacionados con ela.  Estes eran uns exemplos pero hai moitas páxinas nas que veñen máis, como por exemplo: Emezetablog.
 Para máis información dunha forma máis visual engado este vídeo:




Imaxe 

jueves, 10 de octubre de 2013

ANÁLISE DUNHA NOTICIA



A día de hoxe somos manipulados constantemente polos medios de comunicación, xa que tanto as canles de radio ou televisión, como os periódicos ou revistas nos aportan a súas propias ideas. Un claro exemplo son os periódicos El Mundo e El País, tendendo un a uns ideáis máis de dereitas e o outro de esquerdas. Ambos contan a mesma noticia, que se trata da aprobación da nova lei de educación LOMCE, pero dende dúas formas distinta. A primeira diferenza nótase no vídeo de introducción: El Mundo utiliza un vídeo das declaracións do ministro Wert, mentres que  El País usa un no que saen os portavoces dos partidos políticos opoñéndose a dita lei. Por outra banda, El Mundo limítase a contar a nova e  El País entra en detalles e críticas de forma indirecta. 
Esto afecta moito ós lectores que, conscientes ou non, son manipulados por estas opinións. Por iso convén informarse a través de diferentes fontes de información

lunes, 7 de octubre de 2013

INFORMACIÓN

A información son datos ordeados que constitúen unha mensaxe con significado que nos da a coñecer e explica un tema. É a base do coñecemento, co  cal nos axuda a tomar decisións e responder preguntas. 

Hoxe en día é moi fácil acadar coñecementos sobre calquera tema, mirando en internet (a través dun ordenador ou mesmo do móbil), en libros, xornáis, televisión e radio. Todos estos son medios de comunicación xa que esta está moi ligada coa infromación, porque nos comunica a mesma. É dicir, unha complementa á outra.


A sociedade do século XXI está moi influeciada pola información, pois recibímola continuamente, directa ou indirectamente. Isto ten moitas vantaxes, pero tamén ten inconvintes: non toda a información ten que ser certa por estar en internet ou na televisión, por exemplo. Por iso hai que ter coidado e facer unha boa selección.

Por este motivo son importantes asignaturas como as TIC ou informática, que nos axudan a desenvolvernos correctamente pola rede e nos ensinan a clasificar a información.

Páxinas interesantes:
- Concepto
-Información na actualidad


miércoles, 2 de octubre de 2013

PRESENTACIÓN

Ola, chámome Silvia Iglesias Laguarda e son alumna de 1º de Bacharalato do IES de Fene. Vou utilizar este blog para a asignatura de TIC e nel falarei sobre a comunicación, a información e a informática.