domingo, 15 de diciembre de 2013

SMARTPHONE-CÁMARA

O mundo da fotografía avanzou moito neste último século. Pasouse de utilizar unha cámara de madeira moi pesada, que case non se podía transportar e tardaba varios minutos en capturar unha imaxe ata ás lixeiras cámaras que temos hoxe en día, cun proceso intermedio de cambio por suposto. Hay todo tipo de cámaras dixitais: ultracompactas, compactas, reflex...Pois estas son moito máis económicas incluso xa que non é necesario utilizar un carrete, se non que con unha tarxeta de memoria vale. 

Se este cambio tan significativo xa nos deixa sorprendidos, o novo "invento" de Samsung deixarános moito máis. Esta empresa coreana de electrónica fusionou as cámaras cos smartphones, antes este tipo de teléfonos móbiles xa contaban cunha cámara incorporada pero non tiña obxetivo e xeralmente eran de mala calidade. Dita empresa xa itentara poñer en venta este novo aparato pero non tivo tanto éxito como esta vez. A sú intención é crear un  smartphone cunha cámara ponente, non ó  contrario: crear unha cámara con funcións dun móbil.                                                     imaxe                                                      
A continuación veremos un vídeo no que explica moi ben dito avance tecnolóxico.



lunes, 9 de diciembre de 2013

BÚSQUEDA EFICAZ

Ás veces necesitamos buscar algo onde non ven explicada toda a información, para iso é importante aprender trucos de búsqueda e novos recursos que nos permitan facer dita búsqueda dunha forma máis rápida e áxil. Algúns dos recursos utilizados xa foron citados e explicados anteriormente no blog, pero para velo máis claramente faremos un exemplo a continuación: 

Exemplo: 
  • Temos a seguinte información: unha científica nacida en París que recibiu un premio nobel de química compartido con outra persoa. 
  • E queremos saber: 
  1. Como se chamaba esa científica
  2. En que ano lle deron o nobel e por que?
  3. Con quen o compartiu?
  4. Quen eran seus pais?
  5. Cal foi a causa da súa morte?
Para emepezar temos que averiguar o nome da científica, para facelo buscamos en Google, por exemplo: *nacio en paris y gano el nobel de quimica. Buscamos a información en castelán porque nos ofrece máis resultados. O uso do asterisco (*) nos permite averiguar o nome que nos falta. Vemos que cando buscamos isto atopamos moitos resultados, comprobándoos descubrimos que se trata de Irene
Joliot Curie. A simple vista podemos pensar que é Marie Curie, posto que aparece en diferentes páxinas, pero xa a descartamos porque non naceu en Paris. Sen embargo se seguimos mirando atopamos que a súa filla si e que tamén foi científica. Para comprobalo descubrimos que gañou un nobel compartido.

O seguinte paso é buscar a biografía de Irene Joliot para poder responder ás outras preguntas, para facelo poñemos o seu nome en Google, tamén aparecen moitos resultados, comprobamos en varias páxinas para saber se a información e correcta e así sabemos que gañou o nobel no ano 1935, grazas ao seu descubrimentio da radiactividade artificial. Tamén averiguamos que este premio foi compartido co seu marido Frédéric Joliot. Na súa biografía tamén atopamos o nome dos seus pais: Marie Curie e Pierre Curie.



Como na súa biografía non aparecen as causas da súa morte  buscamos "Irene Joliot Curie murio por". O uso de comiñas("") nos permite atopar as páxinas nas que aparece esa frase. Aínda así neste caso non tivemos éxito pero mirando as páxinas que aparecen vemos unha biografía na que sí aparece a causa: leucemia.




E así poderíamos dar por finalizada a nosa búsqueda.